lunes, 16 de marzo de 2026

Reseña: Costas, Ledicia "Recinto Gris"

Recinto Gris
Ledicia Costas




Sinopsis:
Tras unha día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un exército adestrado para conseguir unha cidade perfecta. Aqueles soldados altísimos de uniforme negro e cabeza de lobo peiteaban o territorio, rexistraban cada casa, non deixaban nada ao chou. Tiñan instrucións moi claras que cumprir: colleren aqueles que perturbaban o equilibrio social, ás persoas consideradas diferentes, metelas nos camións e trasladalas a Recinto Gris, un lugar habilitado para aloxar os que non encaixaban no seu deseño. Aqueles soldados lobos presentáronse na casa de Nube, unha rapaza incapaz de mentir, coa intención de levala.
Querido diario:

Ao ler Recinto Gris” de Ledicia Costas, sinto que a historia vai moito máis aló dunha simple narrativa de cárcere e rebeldía. Para min, cada personaxe representa unha perspectiva diferente sobre a sociedade, pero tamén sobre como vivimos e percibimos a diversidade. Todos teñen algo que os diferencia dos demais, e iso é precisamente o que os fai especiais.

O Recinto Gris non é un lugar físico; é unha metáfora dunha sociedade que ás veces impón normas demasiado estritas, que non permite creatividade e castiga á xente que ten capacidades especiais ou perspectivas diferentes. Por iso vexo a historia como unha homenaxe ás persoas neurodiverxentes, ás persoas con diversidade funcional e a todas aquelas que teñen “dons” que as fan únicas.

Os lobos, inicialmente parecen un símbolo ou un disfraz, pero a escena coa cabeza real de lobo deixa claro que a liberdade e o perigo están entrelazados. E o voar convértese nun símbolo central: voar representa liberdade, decisión propia e o poder de seguir adiante, sexa con ás de bolboreta ou de paxaro branco.

O que máis me impacta é o final: non é o remate, senón o comezo real. Chegar ao Recinto Gris é chegar a un punto de morte simbólica, un lugar onde non se está construíndo nada, se cumpre castigo. Romper coas normas e facelo usando as propias capacidades é un acto de valentía e de esperanza. É un recordatorio de que, aínda cando todo parece gris e restritivo, sempre podemos voar cara ao que realmente queremos.

Para min, “Recinto Gris” é unha chamada á liberdade, á autenticidade e á esperanza, e reflicte perfectamente a necesidade de atopar persoas que nos acompañen, nos comprendan e nos axuden a iniciar un novo capítulo na nosa vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.